Continente María

Sinopse

Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares.

Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobrepoñerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria.

A Casares preséntasenos como un mapa a percorrer, mais non como turistas, senón como viaxeiras curiosas, gozando dos detalles que nos proporciona a súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o que a realidade e a poesía nos poden ofrecer. Un mapa dun Continente inabarcable no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel nos fará mellores, como individuos e como sociedade.

Conversamos co legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos, que se descobren ante nós como un faro que dá luz e claridade a un presente que precisa de referentes de liberdade e compromiso.

Entradas

DataLugarTeatroEntradas
20 de abrilPontevedraTeatro PrincipalMercar
do 7 ao 11 de xuñoMadridNaves del Español en MataderoMercar
DataLugarTeatro
25 de marzoNoiaTeatro Coliseo Noela
24 de marzoAmesCasa da Cultura de Bertamiráns
4 de marzoNarónPazo da Cultura
28 de xaneiroCedeiraAuditorio Municipal
27 de xaneiroCarballoPazo da Cultura
11 de decembroOurenseTeatro Principal
3 de decembroParísInstituto Cervantes
26 de novembroViveiroTeatro Pastor Díaz
11 e 12 de novembroVigoAuditorio Municipal
5 de novembroOleirosAuditorio Gabriel García Márquez
28 de outubroO Barco de ValdeorrasTeatro Municipal Lauro Olmo
21 de outubroArteixoAuditorio
20 de outubroLugoAuditorio Gustavo Freire
8 de xulloCangasAuditorio Municipal
Do 19 ao 29 de maioSantiago de CompostelaSalón Teatro
16 de maioA CoruñaTeatro Rosalía de Castro

Vídeos

Vídeo promocional
María Casares
O espectáculo
A proposta
Presentación na Coruña

Imaxes

Falan do espectáculo

“O traballo de Melania Cruz é espectacular. Rendida á comunicación co espírito da Casares, ofrece tal despregue de talentos que, sen pretender emulala fisicamente, fai que apareza María Casares diante de nós.”

Iván Fernández – Erregueté (12-11-2022)

“Melania (…) transmite-nos verdade. ‘Verdade’ é a palabra. E isto, por desgraça, non é nada habitual de achar no teatro. A diversidade de emoçons transmitida polos seus gestos faciais e corporais é percebida a cada instante polo público, até diría eu que como umha declaraçom de amor.”

Dieh QS – Erregueté (Nº103 1/2022)

“A peza —texto de Marianella Morena, dirección de Tito Asorey— está chea de momentos emocionantes, cunha protagonista capaz de transitar por multitude de rexistros con facilidade asombrosa, entregada ao espectador dun xeito cada vez máis sorprendente, en reviravolta continua cara ás profundidades humanas.”

Diego Ameixeiras – Fugas (03-06-2022)

“Melania Cruz fai de María Casares sen deixar de ser Melania, ‘Continente María’ emociona. Sen dúbida será un dos grandes espectáculos deste ano.”

Ernesto Is – ZigZag Diario (01-06-2022)

“Continente María pareceume unha declaración de amor ao teatro. Unha celebración do que, quizais, a vida ten de máis meritorio e urxente: a acción, a capacidade de decidir, a superación dos medos, a liberdade precisa para decidir e actuar. Nisto Melania Cruz brilla rutilante.”

Afonso Becerra – Artezbai (23-05-2022)

Equipo

Texto
Marianella Morena
Dirección e dramaturxia
Tito Asorey
Elenco
Melania Cruz
Vadim Yukhnevich
Produción executiva
Xosé A. Touriñán
Tito Asorey
Melania Cruz
Dirección de produción
Javi Lopa
Álvaro Pérez Becerra
Escenografía
José Faro “Coti”
Iluminación
Laura Iturralde
Videoproxeccións
Laura Iturralde
Miriam Rodríguez
Vestiario
Laura Baena
Espazo sonoro e Música orixinal
Vadim Yukhnevich
Voces en off
César Goldi
Tito Asorey
Comunicación
Saúl Rivas
Fotografía
Aigi Boga
Vídeo
Jairo Iglesias
Páxina web
Pilar Mera
Técnico
Xacobo Castro
Produción en xira
Paco Abelleira
Deseño do cartel e imaxe gráfica
Lidia Cao

Continente María na prensa

Contratación e contacto

881 946 972 / ola@aine.gal